miércoles, 8 de junio de 2011

LENDA DA VIRXE NO RIO MIÑO(EN GALEGO)

Cando a Virxe andaba polo mundo co seu Neniño, chegou á beira do río Miño, 
e a corrente das augas producía un forte ruído que espertou ó Neno, que choraba sen consolo. A Nai, desesperada polos berros do seu fillo, dirixiuse ó río dicindo:

Río Miño
pasa caladiño,
non despertes ó meu Neniño.

E dende aquela o Río Miño corre en silencio e tranquilo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario